É unha ruta de balnearios que vai desde Verín ata Chaves. Está a de Cabreiroa en Verín, termas de Chaves e Vidago Palace tamén en Chaves.
Pero centrándonos só en Verín hai Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Fonte do sapo.
O de Cabreiroá, a súa auga está composta por bicarbonato, sódio, cálcicas, litío e acídulas, teñen un sabor fresco, suavemente picante. Trátase dunha auga fantástica por favorecer a dixestión, estimular a mobilidade gástrica, así como o tránsito intestinal, biliar e pancreático. O segredo da súa excelente calidade reside, principalmente no seu nacemento e no desenvolvemento natural en que se sitúa. Paga a pena contemplar a impoñente fachada do antigo hotel balneario, que tamén tivo uso de cuartel e de hospital. A extracción da auga, a unha profundidade superior dos 100 metros, garante a súa pureza e a conservación de todas as súas propiedades.

O manancial de Sousas, dispón de augas bicarbonatadas sódicas, litínicas e fluoradas, que emanan a unha temperatura de 19 ° C. Esta auga pode axudar a solucionar: problemas de ril, hiperclorhidria, gastralxia, úlcera gástrica, enteritis crónica, ictericia hepatóxina, catarro vexical crónico, cálculos incipientes, prostatite crónica. Na actualidade as súas augas comercialízanse como auga de bebida envasada, coa clasificación de Auga Mineral Natural, pero hai constancia de que en épocas anteriores tamén se usaron para baños.

O balneario de Caldeliñas, máis coñecido entre os veciños como “O Baño” e hoxe en ruínas, aínda conserva entre os seus restos a memoria do seu pasado esplendoroso. Declaradas de utilidade pública en 1859, as súas augas, de mineralización media, bicarbonatadas, sódicas, fluoradas e litinícas, nacen a 25º C acompañadas de abundantes burbullas. Son recomendadas para problemas de pel e reumatismos, mediante baño e aplicación externa.

Outro é Fontenova, as súas augas emerxen a unha temperatura que vai desde os 10 a 14 graos nos mananciais de auga sen gas a 18-19 graos nos mananciais de auga con gas. As características das augas é similar en todos os mananciais: bicarbonatadas sódicas, litínicas e fluoradas, de mineralización forte nas augas con gas e de mineralización débil nas que son sen gas. A fonte orixinal, a que é coñecida como “Fonte do Espido” que se atopa á porta do establecemento, mana a 17 graos, coa esencia característica dunha auga con gas natural e un sabor ferroso polos sales de ferro que posúe en disolución. O seu caudal é 42 litros por minuto.

Fonte do sapo, recomendadas para doenzas gastro- hepáticas e trastornos respiratorios.
